Artista, comisaria e xestora cultural
Desenvolve a súa traxectoria profesional no ámbito da danza e das artes vivas, tanto na creación artística como na dirección e coordinación de proxectos de xestión cultural vinculados a residencias artísticas, mediación e curadoría.
Dirixe a compañía de danza La Macana xunto ao seu compañeiro Alexis Fernández durante quince anos. Este proxecto permítelle interactuar con diferentes artistas internacionais, teatros e institucións dedicadas ás artes performativas. A súa obra foi premiada en diferentes ocasións e as súas creacións foron presentadas en máis de trinta países de Europa, Asia e América.
É fundadora e directora do programa Residencias Paraíso do Colectivo RPM (2017–2023) que apoia a investigación e a creación artística a través de residencias artísticas en colaboración cunha rede de espazos dentro e fóra de Galicia. Dentro deste proxecto, tamén dirixe o Encontro Paraíso, un encontro profesional que se celebra cada ano na Illa San Simón.
Xunto á súa compañeira Sabela Mendoza, puxo en marcha o proxecto Cara a unha escena plural (2020–2023), para promover a circulación da danza profesional no circuíto teatral galego.
Foi responsable da Programación Expandida TRC Danza do Teatro Rosalía de Castro da Coruña (2014–2022), un programa de mediación que relaciona a práctica artística coa cidadanía, en estreito diálogo co grupo de artistas programado no teatro.
Como profesional independente, colabora con outras organizacións estatais como comisaria, mediadora e asesora, ademais de participar como relatora en diferentes encontros e foros sectoriais."
MAIS INFORMACIÓN PARA CONSULTAR:
https://www.linkedin.com/caterina-varela/
www.colectivorpm.gal
www.lamacana.es
CONTACTO: varelacaterina@gmail.com